Os nosos ollos ven corazóns, cadeiras, bolboretas ou paxaros. A nosa sensibilidade percibe o amor, a ausencia, a fraxilidade ou a ausencia que transmite cada un destes símbolos. Así ocorre na exposición de Itziar Ezquieta Llamas, que traballa na Sala X da Facultade de Belas Artes e ex alumna, que a partir de este mércores está aberta na Galería Sargadelos (r/ Oliva, 24). A mostra leva por título YOu, que recolle “o tema do amor, da indagación no individuo”, segundo explica a artista. “Non falo de min mesma, non é unha autobiografía”, apunta, “senón de todo o que hai fóra”. Ademais o título, que responde tanto ao “ti” inglés como ao “eu” en español presenta os xogos de palabras que Ezquieta adoita facer nas súas obras “sacando a dualidade da palabra”.
04/02/2009