Na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación viviuse este mércores un ambiente electoral, a pesar de faltar algo máis de dez días para o 22 de maio. Tratábase do alumnado de 4º de Publicidade e Relacións Públicas, que celebrou unhas eleccións coa participación de tres partidos ficticios, FLEMA, MAC e Pro Europa, actividade inserida na materia de Técnicas de Propaganda Electoral, “na que levaron á práctica o ensinado na clase”, comentou Xosé Rúas, profesor responsable. O escrutinio final deu como gañador a MAC, Movemento de Alumnos Contentos, con maioría absoluta, que defendía “a felicidade integral do estudante”.
11/05/2011