A adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, EEES, é sen dúbida a principal preocupación que existe nestes momentos na universidade xa que todo o mundo quere estar preparado para os cambios que se van a producir tanto na ensinanza como no proceso de aprendizaxe. Co obxectivo de poñerse ao día nestes aspectos, no mes de abril chegarán ao campus, patrocinadas polo Consello Social da Universidade de Vigo, as II Xornadas de metodoloxías docentes activas en Dereito Romano. O curso, cunha duración de 40 horas, terá lugar os días 1, 15, 22 e 29 de abril no salón de graos do Edificio Xurídico-Empresarial.
10/02/2009