A Escola Naval Militar de Marín, adscrita como Centro Universitario da Defensa á Universidade de Vigo desde o mes de marzo, adaptará tamén o seu plano de estudos ao EEES a partir do vindeiro ano 2010. Das principais características xerais do novo modelo de academias militares falou Javier García Fernandez, director xeral de Recrutamento e Ensino Militar, no relatorio inaugural do curso da cátedra Almirante Álvarez-Ossorio, titulado O novo horizonte do ensino militar. Entre os principais cambios citou o sistema de ingreso, que, ao non ser por oposición, implica unha selección posterior dentro da academia, e o sistema de ascensos, que require a realización de cursos de posgrao.
17/11/2009