275.000 estudantes cursan estudos nas 18 universidades e institutos politécnicos que conforman a Macrorrexión de Rexións do Sudoeste Europeo (RESOE) que agrupa a Galicia, Castela e León e a rexión Norte de Portugal. A que foi a primeira macrorrexión creada no territorio ibérico conta desde hoxe cunha Conferencia de Reitores de seu, a CRUSOE, que xunto á Conferencia de Reitores do Noroeste de España, CRUNO, constituída nas últimas horas, tamén en León, materializa en palabras do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato “non só universidades, senón unha realidade social común”. Mato que foi nomeado presidente da CRUNO sinala que ambas conferencias de reitores comparten un obxectivo claro: “tomar a iniciativa para contribuír a saír da crise cunha actitude proactiva, construíndo con cooperación intelixente e poñendo en valor o coñecemento”.
15/12/2011