O mar, o turismo e o patrimonio son tres dos piares sobre os que debería sustentarse o desenvolvemento económico do municipio pontevedrés de Bueu. Así se recolle na diagnose inicial do Plan de Desenvolvemento local deste concello do Morrazo que está a elaborar o Grupo de Investigación de Economía Ecolóxica e Agroeconomía, GIEEA, da Universidade, e cuxas liñas xerais, entre as que destaca o desenvolvemento dunha estratexia turística vinculada ao mar e á cultura mariñeira, foron presentadas polos investigadores Xavier Simón e Damián Copena, xunto co alcalde da localidade, Félix Juncal este xoves.
13/03/2014