A Facultade de Historia do campus de Ourense acollerá de xeito virtual os días 7 e 8 de marzo unha nova edición das Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, que nesta ocasión levan por título e temática Revisitando a Falange.
A Facultade de Educación e Traballo Social continuou este xoves pola tarde a programación do Día de Rosalía, conmemoración posta en marcha pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Os logros deportivos, profesionais e vitais de Susana Rodríguez Gacio centraron na noite deste xoves a primeira das actividades que impulsa no presente curso académico a Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle este mércores pola tarde unha conferencia sobre oportunidades laborais para alumnado de Educación Infantil en Alemaña. As e os estudantes de grao e mestrado e as e os egresados nesta titulación que se achegaron puideron coñecer as ofertas de inserción laboral existentes nese país e os requisitos previos para acceder a elas.
Un ano máis, a Universidade de Vigo sumouse este mércores á celebración do Día de Rosalía de Castro, conmemoración posta en marcha pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coincidindo co aniversario do nacemento da escritora galega.
Verbas como afouteza, xoaniña, agarimo, luscofusco ou agasallo pódense ler este luns nos paneis instalados na entrada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna.
A Facultade de Educación e Traballo Social colabora co CEIP Mestre Vide de Ourense nun proxecto educativo que se está a desenvolver nunha aula de Infantil dese colexio e no que nenas e nenos traballan valores sociais a través de superheroes e superheroínas de cómic.
Seguir visualizando a figura e a obra de Rosalía de Castro é motivo central do acto de homenaxe que, o vindeiro luns ás 19.30 horas acollerá a sede da Vicerreitoría do campus e que engloba unha conferencia de Anxo Angueira e a actuación da Aula Permanente de Música Tradicional.
Con taxas de pleno emprego no seu sector ao remate da carreira, o alumnado da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense enfróntanse ao seu futuro profesional cunha perspectiva chea de oportunidades. Co obxectivo de que alén do ámbito privado valoren como opción a docencia e a investigación, este xoves o centro celebrou unha xornada.
Do potencial que teñen os xogos lingüísticos ou literarios como ferramenta didáctica a como establecer un modelo de xogo nos deportes colectivos. Nestes dous eidos puido afondar nesta xornada o alumnado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte nas dúas conferencias que o centro acolleu nesta xornada.
Tras o Día das Letras Galegas, o Día de Rosalía tense convertido no campus de Ourense na cita máis importante para reivindicar a lingua e a cultura galegas. Este ano, un febreiro máis, a comunidade universitaria unirase a esta conmemoración.
Cada curso académico, os tres campus da Universidade de Vigo participan na iniciativa Docs del Mes, un ciclo de cinema documental que se desenvolve de xeito paralelo en preto de 70 de cidades de toda España.
Co obxectivo de recuperar o teatro universitario en Pontevedra e dentro das actividades promovidas pola Vicerreitoría do campus e a Concellaría de Promoción Económica e Universidades ao abeiro dun convenio de colaboración, o pasado mes de novembro iniciaba a súa actividade a Aula de Teatro do campus.
O Pacto Verde Europeo adoptado en 2019 representa “unha nova e ambiciosa estratexia de crecemento que pretende transformar a Unión Europea”. Co obxectivo de achegar esta estratexia de futuro ao alumnado universitario, a Facultade de Dereito acollerá do 18 de marzo ao 27 de maio o Módulo Jean Monnet: Pacto Verde Europeo.
Coñecer o traballo das e os profesionais responsables da realización de fotografías durante a rodaxe dunha película ou dunha serie e que constituirán o primeiro material promocional da produción foi o obxectivo central do coloquio que o fotógrafo Jaime Olmedo impartiu este mércores na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación