A Universidade de Vigo acada desde hoxe a cifra de 172 catedráticos e catedráticas, ao sumarse aos 148 contabilizados ata agora, as e os 24 que hoxe asinaron os seus nomeamentos, nun acto celebrado no paraninfo do campus vigués.
Cos votos a favor dos 23 integrantes da comunidade universitaria que este xoves participaron na Xunta de Escola, o profesor do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente Juan Picos foi reelixido director da EE Forestal.
Máis dun cento de estudantes de diferentes escolas e facultades asistiron este mércores a través do Campus Remoto a unha Xornada de Captación de Talento organizada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública en colaboración coa Área de Emprego e Emprendemento.
O catedrático do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo Santiago Lago vén de ser elixido académico de número da Real Academia de Ciencias Económicas y Financieras (RACEF). Agradecendo ao membros da entidade a súa elección por unanimidade, Santiago Lago recibe este recoñecemento salientando como “é unha honra” pasar a formar parte “dunha institución tan reputada e importante” e comprometéndose a “traballar todo o que poidamos para deixar ben o nome da Universidade de Vigo”.
Tras a adopción de medidas extraordinarias como limitacións de mobilidade ou o peche das actividades non esenciais en boa parte de Galicia, recollidas na orde da Consellería de Sanidade do 4 de novembro, a UVigo tamén decidiu aprobar novas directrices de carácter organizativo.
A Universidade de Vigo acaba de sumarse ao programa Rescatadores de Talento, unha iniciativa impulsada pola Fundación Princesa de Girona que promove a empregabilidade das mozas e mozos de entre 20 e 30 anos con formación universitaria ou de Formación Profesional.
Co obxectivo de determinar o marco axeitado para que o persoal docente e investigador (PDI) da UVigo poida desenvolver o seu traballo nas mellores condicións na situación actual durante este curso, a mesa de negociación do PDI acordou unha serie de medidas relativas ás condicións de traballo deste colectivo en aspectos como os seus dereitos e deberes; a actividade docente, investigadora e de transferencia e a formación.
A falta da súa proclamación definitiva o vindeiro martes, o profesor do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente Juan Picos encabeza a única candidatura á Dirección da Escola de Enxeñaría Forestal, centro do que se atopa á fronte desde 2017.
A nova contorna laboral do teletraballo implica retos e oportunidades pero tamén riscos tecnolóxicos, e neles centrouse a segunda edición do foro CyberSec@GAL, organizado pola Cátedra R en Ciberseguridade, da que forman parte as universidades de Vigo e A Coruña xunto con R.
A profesora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade Emma Torres sucederá a Xosé Baamonde á fronte do decanato de Ciencias Sociais e da Comunicación, despois de que a súa candidatura recibise 32 votos favorables, dez en contra e tres en branco na votación celebrada este mércores na Xunta de Facultade
O profesor da Área de Ciencia Política e da Administración Enrique Valera vén de ser nomeado decano comisario da futura Facultade de Dirección e Xestión Pública, despois que o pasado mes o Claustro aprobase instar ao Consello de Goberno a iniciar o expediente para a creación deste novo centro do campus pontevedrés.
A Universidade de Vigo recibirá 3,6 millóns de euros no reparto de fondos covid estatais tras o acordo acadado entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas.
A UVigo xunto co Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-norte de Portugal (CEER) e as universidades da eurorrexión impulsan un proxecto transfronterizo para facilitar a mobilidade universitaria de estudantes con diversidade funcional.
Preto de 80 accións integran o sexto plan de acción do programa Green Campus, proxecto que permitiu a Pontevedra converterse en 2015 no primeiro campus de España en obter a bandeira verde que outorga a Foundation for Environmental Education (FEE).
Proxectos de investigación, estudos, convocatorias, bolsas, premios... toda a información relacionada co feminismo 4.0 está dende hoxe reunida nunha web, na nova páxina da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo. O