O traballo A innovación no sector agroalimentario eurorrexional fíxose, por maioría de votos, coa terceira edición do Premio de Investigación da Eurorrexión. Centrado na innovación na industria alimentaria, un sector especialmente importante para a Eurorrexión, o estudo está realizado por un equipo de investigación multidisciplinar no que economistas , informáticos, enxeñeiros e químicos traballaron man a man dende as universidades de Vigo, Minho, Tras-Os-Montes e o Alto Douro, e o Instituto Politécnico Superior de Viana do Castelo. Como resultado: “un traballo ben estruturado con resultados relevantes e conclusións útiles”, tal e como subliñou na entrega do premio o profesor Luis Domínguez, director da Cátedra da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.
14/04/2011