Co nomeamento dos membros do segundo nivel de gobernanza, o Campus do Mar desprega xa as súas velas para comezar a navegar con forza aglutinando nas comisións executivas e nos clústers aos principais axentes económicos, empresariais e de I+D. Na reunión do Consello Reitor do Campus de Excelencia Internacional celebrada este mércores, os reitores das tres universidades galegas, Salustiano Mato, Juan Casares Long e José Mª Barja, xunto co presidente do CSIC, Rafael Rodrigo, e o director do IEO, Eduardo Balguerías, acordaron a composición das comisións executivas de Investigación, Transferencia, Internacionalización, Docencia e Captación de Talento e Proxección Social e Cultura Científica.
Paralelamente, os tres reitores asinaron co CSIC un convenio de colaboración grazas ao cal poderán dispoñer dunha sede permanente en Bruxelas.
20/07/2011