A pesar da situación de crise económica e, en boa medida, grazas ao Plan de Sustentabilidade, a Universidade de Vigo atópase nunha situación moi próxima ao equilibrio entre ingresos e gastos. Así o explicou o reitor, Salustiano Mato, nun repaso do seu primeiro ano ao fronte da institución ante os medios de comunicación. Segundo indicou, a previsión é acadar unha situación en positivo en 2012, grazas á captación de recursos e á conxelación do orzamento da Xunta de Galicia, “que supón osíxeno que respirar”.
Neste sentido, o reitor destacou que o plan de austeridade tivo o seu primeiro axuste no orzamento de 2011 e permitiu conter e recortar o gasto en 20 millóns de euros e reducir o seu déficit técnico contable a 5 millóns de euros, “nunha situación próxima ao equilibrio”. Cos axustes que quedan por facer, “esperamos estar en positivo en 2012 e sobre todo en 2013”, explicaba Mato.
23/06/2011