O Centro de Linguas vén de abrir unha nova convocatoria de matrícula para os cursos de idiomas do segundo cuadrimestre. A oferta para o que queda da curso comprende un total de 16 cursos de 12 idiomas diferentes, a maioría dos cales se impartirán no campus de Vigo.
Segundo explica o director do Centro de Linguas, a oferta deste cuadrimestre inclúe “cursos de alemán, árabe, catalán, chinés, francés, italiano, lingua de signos española, portugués, ruso e xaponés, todos eles no campus de Vigo”.
20/01/2010