Harmonizar as capacidades da Universidade coa demanda do tecido produtivo e seguir a incrementar a oferta de prácticas preprofesionais, son os dous obxectivos prioritarios que a Universidade e a de Confederación de Empresarios de Pontevedra se marcan para o vindeiro ano. Así o subliñaron o reitor, Salustiano Mato, e o presidente da Confederación de Empresarios, José Manuel Fernández Alvariño, nun encontro no que xa adiantaron a posta en marcha dunha Comisión Mixta de traballo que será a encargada de definir o programa concreto de actuacións para o ano 2011 “que se presentará como moi tarde dentro dun mes ou mes e medio”, segundo apuntou o reitor.
A Universidade iniciará o novo ano con novos obxectivos, entre eles, “un dos máis prioritarios”, segundo apuntou Mato, “é pornos a traballar co sector empresarial”.
27/12/2010