A arte pode axudar a sensibilizar á cidadanía do que implican as enfermidades autoinmunes, un tipo de doenzas, como a artrite reumatoide ou a esclerose múltiple, xeradas polo propio sistema inmunitario. Partindo desa idea, a Cátedra Arte e Enfermidades da Universidade Politécnica de Valencia impulsou un proxecto no alumnado de diferentes universidades de España, Francia, Italia ou Alemaña puido elaborar unha obra a partires do seu contacto con enfermos e enfermas. Así o fixeron Yolanda Ríos, Gonzalo Rey, Manuela Rodríguez e María Prada, catro alumnos de Belas Artes que recentemente presentaron as súas creacións ás persoas que lles serviron de inspiración.
27/02/2014