Unha selección de preto de 40 obras de Jesús Pastor, que comprenden tanto a súa produción máis recente como unha representación do seu traballo ao longo dos últimos 25 anos, exhíbense ata o 4 de maio na Sala Rekalde de Bilbao, onde o profesor de Belas Artes própón unha reflexión “sobre a capacidade de existencia do plano pictórico como elemento de creación”. Non en van, a pesares de que na mostra hai espazo para traballos “formalmente moi diferentes”, no conxunto da exposición subxacen as súas principais “preocupacións artísticas”, que, como recoñece, teñen o seu eixo fundamental “no estudo do plano como lugar de residencia do coñecemento artístico”.
07/04/2014