“En España hai claramente un recorte do Estado de Benestar”. Así de tallante se amosou Eloísa del Pino, investigadora do CSIC, ao analizar o presente e futuro social do país nunha conferencia organizada na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Convidada polo profesorado do Grao en Dirección e Xestión Pública, a experta sinalou que, igual que en España, outros territorios europeos diminuíron o seu nivel de prestacións sociais “pero, ao tempo que fan eses axustes, están levando a cabo ampliacións dos dereitos dos cidadáns noutros eidos e isto non está ocorrendo en España”, explicou del Pino.
05/12/2012