A primeira carta carta magna española, a Constitución de 1812, coñecida tamén popularmente como A Pepa, cumpriu este ano dous séculos. Co gallo deste aniversario, ao longo da xeografía estatal sucedéronse durante 2012 numerosas homenaxes nas que se lembrou e se celebrou que con este documento naceron as liberdades en España, aparecendo por primeira vez os conceptos de cidadán e de dereitos civís. Polo decisivo papel que xogou na historia estatal e porque foi un modelo que inspirou constitucións españolas posteriores e incluso doutros países, o campus de Ourense e a UNED non quixeron deixar pasar a oportunidade de unirse a esta recoñecemento e este luns celebraron unha xornada conmemorativa dedicada a este fito e ao momento histórico no que se produciu.
19/11/2012