Entre días non lectivos e festivos, a semana de Entroido non é, en xeral, especialmente produtiva para o alumnado universitario. Non lle acontece o mesmo a un grupo de trinta estudantes da Facultade de Historia do campus de Ourense, que estes días está a realizar a IV Viaxe de Estudos Arqueolóxicos. Eles decidiron aproveitar estas datas para mergullarse de cheo na cultura, na historia e na arqueoloxía de Grecia, berce da civilazación occidental. Atenas, Epidauro, Delfos e Tesalónica están sendo algúns dos escenarios dunha viaxe inesquecible que mestura aventura, convivencia e moita aprendizaxe en primeira persoa.
13/02/2013