Na súa intervención nas II Xornadas de Medio Ambiente e Dereito Ambiental que se celebran ata este venres no salón de graos da Facultade de Ciencias, o director xeral de Saúde Pública, Ramón Medina, afondou na influencia que ten o deterioro do medio ambiente na nosa calidade de vida. Medina comezou contextualizando o proceso saúde-enfermidade, “un estado no que as persoas nos atopamos sempre, máis preto dun extremo ou doutro”, que sen embargo, se ve afectado, fundamentalmente, por tres factores, a xenética, a cantidade de agresións e riscos do medio ambiente e a capacidade de adaptación a ese medio.
23/10/2008