Na parroquia de San Xinés de Bamio, no Concello de Vilagarcía de Arousa, houbo unha importante tradición oleira, concretamente de louza, coñecida a través de documentos históricos, arqueolóxicos e testemuñas pero perdida desde finais dos anos 40. O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo, con Beatriz Comendador ao fronte, e a Asociación de Mulleres Rurais da zona están a desenvolver o Proxecto Louceiros de Bamio. O seu obxectivo é “recuperar a memoria oral compartida desta parroquia para conservar e revitalizar aspectos que, xuntamente coa memoria dos coñecidos como louceiros, teñen conformado a nosa cultura”.
23/02/2017