Na oitava xornada de Liga, o Campus Universitario masculino sumou unha nova vitoria fronte ao C.B. Grúas Estación Padrón, un “difícil rival con moito poderío físico”, declaraba o adestrador Javier Pérez. 74-82 foi o resultado final do encontro, un bo rexistro grazas ao xogo rápido do primeiro cuarto e as diferenzas marcadas no último, no que lograron 31 puntos. Tras esta xornada, con cinco partidos gañados e tres perdidos, o Campus Universitario ocupa o sexto posto da clasificación xeral con trece puntos.
Pola súa parte, o Campus Universitario feminino non puido vencer na casa ao Pavillón Ourense. Despois desta derrota, por 53-64, o equipo pecha a táboa de clasificación con seis puntos.
10/11/2008