O proxecto do Campus da Auga naceu o ano pasado no campus de Ourense co obxectivo último de converterse nun polo científico e tecnolóxico de referencia no eido da auga. Pola súa vocación multidisciplinar e internacional, no ADN da iniciativa está o establecemento de alianzas con outros axentes, públicos e privados, estatais e foráneos. Nesta liña de traballo, este martes Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e Carlos Sequeira, reitor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro UTAD, anunciaron a posta en marcha proximamente dun convenio de colaboración entre as dúas institucións que permitirá abrir canles de traballo conxunto en áreas como a docencia, a investigación, a transferencia e a internacionalización. Con este anuncio na cidade portuguesa de Chaves, o Campus da Auga comeza o seu periplo internacional.
23/10/2012