Rebeca Alvariño, David Arjones, Víctor Manuel Chavez e Laura Vigoya son catro dos 35 estudantes que están a gozar das primeiras bolsas de mestrado do Campus do Mar, unha iniciativa dirixida a formar aos novos investigadores e investigadoras nos diferentes ámbitos da investigación mariña e marítima. Son parte dos ‘elixidos’ dunha convocatoria de bolsas na que se rexistraron máis de 100 solicitudes procedentes dun total de 12 países. Finalmente concedéronse a 29 estudantes comunitarios e a 6 non comunitarios, procedentes de Arxentina, Brasil, Colombia e México, que se matricularon en 42 mestrados que se imparten nas tres universidades galegas. O financiamento do custe da matrícula e unha dotación mensual de 750 euros durante o período da axuda foron, a xuízo dos beneficiados, un doce ao que é difícil resistirse.
18/05/2012