Aunar esforzos a prol dun futuro mellor "para os nosos mozos e axudar á mellorar a competitividade do noso tecido industrial". Así definía o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, o que supuxo a celebración da quinta edición das Xornadas de Automatización Industrial JAI2012, que colgou o cartel de pechado ata o vindeiro ano cun éxito de participación: mentres que o ano pasado acudiron este foro profesional 620 personas, nesta ocasión a cifra increméntase ata case o milleiro entre profesionais, estudantes universitarios e alumnado de FP. Iniciativas como esta, segundo Mato, "amosan que cando conflúen os intereses das distintas institucións pódese mellorar a empregabilidade dos nosos novos talentos e evitar que teñan que acudir a outros mercados en busca de mellores oportunidades".
16/11/2012