O Camiño Augas Sacras, na Ribeira Sacra, será o destino da sétima andaina que organizada neste segundo cuadrimestre a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo.
Desde a aprobación do Estatudo do estudantado deportista da UVigo, 32 alumnos e alumnas foron cualificadas e cualificados como deportistas de elite, dos cales 24 son mulleres, un dato que a Área de Benestar, Saúde e Deporte quixo pór de relevo con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.
Tras sumar dúas vitorias nas dúas primeiras xornadas da liga galega, o primeiro equipo da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo visitaba esta fin de semana ao Xadrez Verín, un “dos equipos máis fortes da categoría”, como salientan desde o club universitario.
A Facultade de Historia do campus de Ourense acollerá de xeito virtual os días 7 e 8 de marzo unha nova edición das Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, que nesta ocasión levan por título e temática Revisitando a Falange.
O Club Natación Escualos Campus Auga organiza desde o luns 7 e ata o domingo 13 de marzo unha Semana Solidaria contra o Cancro co obxectivo de recadar fondos a favor da Asociación Española contra o Cancro en Ourense.
Os logros deportivos, profesionais e vitais de Susana Rodríguez Gacio centraron na noite deste xoves a primeira das actividades que impulsa no presente curso académico a Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle este mércores pola tarde unha conferencia sobre oportunidades laborais para alumnado de Educación Infantil en Alemaña. As e os estudantes de grao e mestrado e as e os egresados nesta titulación que se achegaron puideron coñecer as ofertas de inserción laboral existentes nese país e os requisitos previos para acceder a elas.
Verbas como afouteza, xoaniña, agarimo, luscofusco ou agasallo pódense ler este luns nos paneis instalados na entrada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna.
Os equipos que representan ao campus de Ourense na liga galega de xadrez disputaron esta fin de semana os encontros correspondentes á segunda xornada, acadando resultados moi desiguais.
A Facultade de Educación e Traballo Social colabora co CEIP Mestre Vide de Ourense nun proxecto educativo que se está a desenvolver nunha aula de Infantil dese colexio e no que nenas e nenos traballan valores sociais a través de superheroes e superheroínas de cómic.
Con taxas de pleno emprego no seu sector ao remate da carreira, o alumnado da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense enfróntanse ao seu futuro profesional cunha perspectiva chea de oportunidades. Co obxectivo de que alén do ámbito privado valoren como opción a docencia e a investigación, este xoves o centro celebrou unha xornada.
Do potencial que teñen os xogos lingüísticos ou literarios como ferramenta didáctica a como establecer un modelo de xogo nos deportes colectivos. Nestes dous eidos puido afondar nesta xornada o alumnado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte nas dúas conferencias que o centro acolleu nesta xornada.
A liga galega de xadrez arrancou esta fin de semana e fíxoo con boas impresións para os tres equipos que esta tempada representan ao campus de Ourense noutras tantas categorías.
O Pacto Verde Europeo adoptado en 2019 representa “unha nova e ambiciosa estratexia de crecemento que pretende transformar a Unión Europea”. Co obxectivo de achegar esta estratexia de futuro ao alumnado universitario, a Facultade de Dereito acollerá do 18 de marzo ao 27 de maio o Módulo Jean Monnet: Pacto Verde Europeo.
A programación de rutas culturais organizada neste segundo cuadrimestre pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo está centrada na realización de tramos de cinco dos Camiños a Santiago de Compostela, coincidindo coa conmemoración de 2022 como Ano Xacobeo.