“Por ter recollido a esencia desta cidade e cultivala para que medre con máis forza, a Universidade de Vigo é claramente merecedora da máxima distinción que outroga esta cidade”. Con estas palabras xustificou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a entrega da Medalla de Ouro da Cidade á institución académica na Gala da Reconquista celebrada este venres na Zona Franca. Tanto Caballero como o cronista oficial da cidade, Lalo Vázquez Gil, destacaron os méritos da Universidade que Vázquez Gil asegurou "signifícase polo seu rigor educativo, calidade docente e investigadora e os vínculos que mantén co tecido empresarial e social”. O reitor Alberto Gago agradeceu “a honra que supón ternos distinguido coa Medalla de Ouro desta cidade” que considerou convoca á institución a retos de futuro como o Campus do Mar, así como nas tecnoloxías da información, en temas enerxéticos, bio-sanitarios ou de enxeñaría industrial.
26/03/2010