A presidenta do Tribunal Constitucional, Mª Emilia Casas, visitou este venres a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo para clausurar a primeira edición do Máster Interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral co que saen á rúa trinta profesionais de alto nivel para a xestión dos recursos humanos e de todo o relacionado coa seguridade social. “Uns profesionais moi necesarios en Galicia, especialmente na nosa bisbarra, xa que con eles se cubre un baleiro importante na formación a nivel superior dos técnicos en relacións laborais”, sinalou o coordinador do máster, Jaime Cabeza, ao inicio do acto.
Como peche ao máster a presidenta do Tribunal Constitucional ofreceu aos estudantes unha última lección ou, tal e como ela salientou, “unha reflexión intelectual sobre o dereito de folga, os servizos esenciais e a responsabilidade política”. Mª Emilia Casas, que manifestou a súa satisfacción por visitar a facultade viguesa, iniciou a súa intervención solicitando aos asistentes un minuto de silencio polo atentado da banda terrorista ETA.
19/06/2009