Despois de 20 anos, Peter Kraus regresa á cidade olívica para ofrecer unha conferencia sobre Identidades lingüísticas e política en Europa, organizada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Deste xeito, o profesor da Universidade de Helsinki faloulles a estudantes e docentes, que se deron cita esta mañá na Facultade de Filoloxía e Tradución, de conceptos como plurilingüismo cultural, recoñecemento e diglosia ou da relación lingua-estado. Para comezar a súa exposición, a modo dun breve resumo, amosou un mapa político de Europa, “ofrecendo unha visión das diferentes unidades uniformes que o compoñen”; un esquema onde “se pon de manifesto o nacionalismo metodolóxico”, sinala Kraus.
21/05/2009