Consignatarias, navieiras, astaleiros, transportistas, empresas exportadoras, portos... son moitos os actores implicados no eido do transporte marítimo o que implica un amplo abano de posibilidades profesionais. Por este motivo, o Departamento de Dereito Privado organiza por cuarto ano consecutivo un curso para complementar a formación dos estudantes e titulados e tamén para a reciclaxe dos profesionais do sector. Promovido por Logidigal, asociación que agrupa a 35 empresas do sector, esta iniciativa ten como obxectivo servir de introdución neste campo para os estudantes, de xeito que se poidan especializar e completar a súa formación.
12/01/2010