Juan Francisco Gálvez, vicerreitor do campus de Ourense, José Antonio Fraiz , ex decano, e Beatriz Anguiano, responsable da Fundación Caixa Galicia, foron os encargados de presentar unha nova edición do curso "Deporte, empresa e sociedade: deporte e turismo. Sectores económicos en auxe", que se realiza dende 2001, aínda que non anualmente. Nos seus primeiros anos centrábanse no deporte mentres que estes últimos os organizadores decantáronse polo turismo.O curso terá lugar entre os días 29 e 31 de Outubro no Mosteiro de San Rosendo de Celanova.
22/10/2007