A Xunta de Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación vén de convocar eleccións a decano. O proceso, que se iniciou o pasado luns 18 de xaneiro coa constitución da Xunta Electoral, prolongarase ata o día da votación, que terá lugar o vindeiro día 12 de febreiro. Ao longo desta semana fixéronse públicos os censos provisionais, que estarán abertos a modificacións ata o próximo mércores, 26 de xaneiro. Trala exposición definitiva dos censos, o 29 deste mes, procederase á presentación das candidaturas, nun prazo de catro días fixado entre o 1 e o 4 de febreiro. A data prevista para a proclamación definitiva de candidatos, logo dun período reservado para a presentación de reclamacións, é o 10 de febreiro.
21/01/2010