Cando a Universidade se atopa en plena xornada de reflexión previa ás eleccións a reitor deste martes, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación mergúllase de cheo noutro proceso electoral ben distinto, o que levará a catro partidos ficticios, creados polo alumnado do grao en Publicidade e Relacións Públicas, a medirse nas urnas o xoves 10 de abril. Do resultado dos comicios aos que concorrerán a Alianza Rebelde, o Partido Paripé, La Madriguera e o Partido Dálle dependerá parte da nota final da materia Técnicas de comunicación electoral e institucional, que imparte o profesor Xosé Rúas, impulsor deste “xogo de rol” electoral.
31/03/2014