Paco Conde, director creativo da axencia de publicidade Sra. Rushmore, responsable das campañas do Atlético de Madrid ou da candidato socialista, José Luis Rodríguez Zapatero, para as próximas eleccións xerais, foi o encargado de pechar as Xornadas da Comunicación que nesta primeira edición abordaron as novas ideas e tendencias. Coa súa conferencia El caso del Atlético de Madrid contado por un vikingo , o creativo provocou máis dun aplauso dos presentes no auditorio. Tras unha pequena introdución sobre a situación actual do sector da comunicación, Paco Conde explicou as estratexias que se agachan tras eses populares anuncios do Atlético de Madrid, o primeiro cliente da axencia e o que máis fama lles outorgou. “Todos os xornais, todas as televisións, as radios, todos os medios falaron da campaña Un añito en el infierno, nese momento a publicidade pasou a ser noticia, e iso non hai diñeiro que o pague”, comentou o creativo.
14/12/2007