Unha enorme predisposición a aprender, moito esforzo e moitas discusións, así definiu Patricia Vilán Lorenzo, madriña da quinta promoción de graduados e graduadas Universitarios Sénior, a dinámica de traballo dos 8 novos titulados do Programa de Maiores do campus de Pontevedra. No acto de graduación, celebrado esta tarde na Casa das Campás, a profesora subliñou a enorme participación deste grupo nas súas clases. A celebración estivo presidida por Pedro Membiela, vicerreitor de Formación e Innovación Educativa, e contou coa presenza de José María Gil Villanueva, director do Programa para Maiores en Pontevedra e Elvira Torres, representante do alumnado.
05/11/2009