Lograr que a prensa sexa neutral nas informacións referidas ao pobo xitano. Este é o obxectivo polo que leva loitando a organización Unión Romaní Española, que publica dende 1995 o estudo Periodistas contra el racismo, no que ano tras ano analiza como os medios de comunicación tratan as noticias sobre a comunidade xitana. O último estudo foi presentado este venres na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación polo xornalista Juan de Dios Ramírez Heredia, presidente da organización, acompañado polo decano da facultade, Juan Corbacho. Ramírez Heredia explicou que o primeiro paso para o desenvolvemento social desta comunidade pasa polo tratamento da súa imaxe pública, polo que cre imprescindible convencer aos medios de comunicación “para que nos traten con certa neutralidade nas súas informacións”.
17/02/2012