A presenza de Esdemga, Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galiza, no Ego de Cibeles vai a máis. Na edición na que a pasarela estrea nome co patrocinio de Mercedes-Benz, a escola pontevedresa contará coa maior representación da súa historia no máis prestixioso espazo para as novas promesas da moda ao participar cinco deseñadores que se formaron nas súas aulas. Son David del Río e Mercedes Castro, por unha banda, que o vindeiro 5 de febreiro se subirán á pasarela e, por outra, Mónica Bastón, Victoria Monasterio e a estudante de terceiro curso Marta Ferrer, que amosarán as súas creacións e deseños ao público no showroom.
30/01/2012