A terra, en sentido literal e figurado, vertebrou o discurso de investidura de José Manuel Silva como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Unha honra esta que agradeceu á que é xa a súa casa, unha universidade “galega, dinámica e con grandes retos de futuro nos que espero participar”. E é que o amor a Galicia, aínda dende o seu destino profesional en Bruxelas como director xeral de Agricultura da Unión Europea, marcou toda a súa carreira. Agora, con este nomeamento “espero facer máis forte o meu compromiso coa miña terra”, explicaba Silva. A terra como fonte de riqueza e desenvolvemento e a terra como sentimento, conforman un binomio indisoluble para o director xeral da UE que, emocionado, recoñecía que “este chan é o máis valioso que nunca topei”.
27/01/2012