Coa intención de fomentar unha educación complementaria á das aulas e de crear un lugar de encontro que reúna aos mellores profesionais en diversos eidos de actuación, a provincia de Pontevedra acollerá, desde maio ata outubro de 2008, unha totalidade de catorce cursos de verán que a Universidade Internacional Menéndez Pelaio (UIMP) organiza en colaboración coa a Universidade de Vigo, a Deputación de Pontevedra e Caixanova, entre outras entidades. O vicerreitor da UIMP en Galicia, José Luís Barreiro, indicou que entre as principais novidades de esta edición destaca o feito de que “ademais de estenderse os encontros no tempo, tamén se diversificaron os lugares de celebración, incluíndo no calendario de actividades ás localidades de Lalín, Vigo, Forcarei, Cambados e Vilagarcía de Arousa”, comentou na presentación ante os medios que tivo lugar na sede da Deputación Provincial.
21/04/2008