Supón unha saída natural para os artistas egresados pero tamén unha oportunidade única para empezar a medir a súa obra fóra do acubillo do académico e nun espazo das condicións do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Este serán inaugúrase a exposición Iso segue o seu curso, unha mostra na que se recollen as obras dos 16 artistas da cuarta promoción do Máster universitario en arte contemporánea. Instalacións, vídeos, libros de artista, debuxos, esculturas… son algunhas da pezas coas que se atopará o visitante dunha mostra que acolle “desde traballos moi conceptuais a obras socialmente comprometidas”, subliña o profesor Ignacio Barcia, comisario da exposición.
Son 16 artistas emerxentes que dan boa mostra dos novos valores que buscan facerse oco no panorama artístico.
24/07/2014