Nunca un caderno Moleskine dera para tanto, tanto como para converterse en obra de arte arredor da que xira a exposición Miradas Plegadas, na que 22 alumnos e alumnas da Facultade de Belas Artes presentan as súas pezas na galería Fontanar, en Riaza, Segovia. Empregaron concretamente o modelo xaponés Moleskine, “non pola lenda e popularidade da marca, xa que foi usada, entre outros, por Picasso, Heminway ou Van Gogh, senón por ser un soporte tremendamente versátil”, explica Olalla Barrosa, coordinadora da exposición. Inaugúrase o vindeiro 20 de febreiro e estará aberta ao público ata o 20 de marzo.
18/02/2011