Cruceiros, hórreos, palleiros, capelas e traxes rexionais son varios dos elementos máis característicos das 175 postais que integran a exposición Apostalado Galaico. A mostra inaugurada este xoves na Sala X vertébrase arredor dunha selección daquelas postais que, nas décadas de 1960 e 1970, “querían representar unha Galicia determinada, idealizada e edulcorada”, como explica o responsable do proxecto, Xosé Enrique Acuña. As fotografías de Xulio Gil e o vídeo realizado por Sabela Vázquez a partir destas estampas completan unha mostra que propón unha “reinterpetación da iconografía coa que se presentaba unha realidade falseada”.
03/04/2014