Se un grupo de adolescentes, ao chegar do instituto, se pusexe a ver algunha canle da televisión pública española, difícil sería que atopase algún programa que lles gustase. Erika Fernández analiza na súa tese de doutoramento a oferta televisiva das canles públicas para unha audiencia infantil e xuvenil, concluíndo que ofrecen contidos para os máis novos, “pero esquecendo atender aos rapaces de entre 13 e 18 anos”. Para esta investigación, Fernández analizou a programación de La 2 entre os anos 2006 e 2008, “única canle que amosou interese por incluír contidos para un público xuvenil que, por aquel entón estaba desatendido por todas as cadeas xeralistas, tanto en La 1, Antena 3, Cuatro, Telecinco e La Sexta”. A pesar do esforzo, “a iniciativa non callou e na actualidade a programación que atrae á mocidade está en mans privadas”, explica a investigadora.
11/11/2011