Periodicamente responsables das facultades galegas que imparte Ciencias da Educación nalgunha das súas ramas reúnense para estreitar os lazos de colaboración e para pór en común experiencias, problemáticas e inquedanzas. Este xoves, a cita celebrouse na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, coa participación de representantes dos cinco centros que imparten estes estudos en Galicia. Xunto aos temas específicos da súa área, esta reunión permitiu a decanos e vicedecanos intercambiar as primeiras impresións sobre o anuncio de reforma educativa realizado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
02/02/2012