O salón de actos do Edificio Politécnico acolleu esta tarde o acto de graduación dos graduados universitarios sénior da quinta promoción e dos graduados superiores sénior da terceira promoción. En total foron 25 os estudantes que recibiron os diplomas, pins e bandas da man de Pedro Membiela, vicerreitor de Formación e Innovación Educativa, Josefina Pato, directora do Programa para Maiores e o escritor e xefe superior da Policía de Galicia, Luis García Mañá, padriño da promoción. O acto estivo amenizado polo grupo Vellos Amigos, e rematou co Gaudeamos Igitur.
04/11/2009