Os equipos de baloncesto e rugby do campus de Ourense están facendo unha excelente tempada e, fin de semana tras fin de semana, van afianzando os seus bos resultados. En baloncesto o sábado o Universitario Campus Ourense sénior masculino gañou ao Cruz Alta e continúa liderando a súa categoría, o feminino subiu a un destacado terceiro posto e os júnior sumaron a súa segunda vitoria seguida. Pola súa banda, o Campus Ourense Rugby gañou ao Fendetestas Rugby Club por un claro 8-31 e se o vindeiro sábado se impoñe ao Gallaecius, o equipo que adestra Javier Conde proclamarase campión de liga.
07/02/2011