Rematou Enxeñaría Informática, fixo un mestrado de emprendemento, tiña unha idea e presentouna a un concurso. Como o seu proxecto empresarial foi o máis innovador entre os presentados, agora Pablo Gutiérrez poñe en marcha o seu soño e a súa empresa, Ninktec. El foi o gañador do I Premio ao Mellor Proxecto Empresarial que convoca o mestrado de Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo. Agora empeza a súa andaina, acompañado por dous estudantes da Universidadade de Vigo e co obxectivo empresarial de axudar a outros, entre eles estudantes de enxeñaría, a emprender os seus propios proxectos.
16/12/2010