“Galicia pode xerar por si mesma os recursos precisos, aínda no momento de recesión que atravesamos, para cubrir as necesidades dos seus cidadáns en todos os ámbitos”. Con esta contundente afirmación iniciou Guillerme Vázquez, voceiro nacional do BNG, o relatorio que ofreceu este xoves ao abeiro do Foro Galego de Economía e Empresa. Acompañado por Elisa Alén, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, e polo profesor Santiago Lago, organizador do foro, o político galego sinalou que o que realmente precisamos para saír da crise é un maior nivel de autogoberno que permita facer contrapeso ás decisións do goberno central.
18/11/2010