Pouco lles faltou nesta ocasión aos xogadores do Campus Universitario para obter a vitoria. Un marcador final de 63-61 reflicte o axustado que estivo o encontro, sen embargo o CB Noia conseguiu, a falta de 40 segundos para rematar o partido, marcar un tiro triplo que lles deu o triunfo. Segundo o adestrador Javier Pérez, “non faltou tempo, senón que sobrou, xa que no último minuto íamos gañando de un”. A calidade do equipo contrario, segundo clasificado da liga, prevaleceu aínda que foi un encontro moi disputado.
09/02/2009