Por un contundente 12-0 o Ednon Universidade de Vigo foi derrotado este domingo na visita que realizou ao campo do líder da División de Honor B, o Hernani. Na súa casa o equipo guipuscoano non deu opción aos vigueses nun partido que o líder da categoría, que aínda non perdeu esta temporada ningún encontro, dominou de principio a fin. Tras esta nova derrota o Ednon Universidade de Vigo sitúase no quinto posto da clasificación con 10 puntos, un máis que o Getxo Artea R.T que será o seu vindeiro rival.
Pola súa banda o outro equipo sénior, o Universidade Vigo B, non puido manter o nivel amosado hai unha semana ante o Zalaeta e foi derrotado polo Mareantes por 43-21. Mentres, a primeira xornada do Torneo Xuvenil saldouse cun empate para o equipo universitario. 10-10 foi o resultado final do encontro disputado cos Ingleses de Vilagarcía
16/11/2009