Tralo acordo acadado entre a Xerencia e todos os sindicatos dos comités de empresa de Pontevedra e Ourense a Universidade de Vigo convocará oposicións para 49 prazas de persoal laboral de administración e servizos. As probas, previstas para despois do mes de febreiro, terán lugar tras un período de máis de oito anos no que non se realizou unha oferta que agora, segundo a xerente da Universidade, Ana Fernández Pulpeiro, “permitirá normalizar os procesos para a selección dos traballadores que reunan os mellores requisitos para formar parte do noso persoal, tendo en conta, ademais, aos que xa hai neste intre na institución”.
06/11/2009